Thursday 16 de May de 2024

Un total de 250 persoas participan na Festa de Entroido do Concello de Frades


A Festa de Entroido do Concello de Frades reuniu esta fin de semana a máis de 250 persoas no polideportivo de Ponte Carreira. Diante da actual situación sanitaria, o Concello apostou por non celebrar o tradicional concurso de disfraces, que foi substituída por unha festa e un desfile de disfraces, no que todas as persoas que acudiron disfrazadas recibiron cadanseu premio.

Durante case catro horas, as familias desfrutaron dunha festa con animación musical, inchables, fotomatón e obradoiros, con Mickey e Minnie Mouse como mascotas. Iso no interior do pavillón, porque no exterior puideron degustarse de balde palomitas e chocolate quente con rosca.